LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
Avanzan os traballos da II fase da exhumación da foxa de Soutelo
Esta semana comezaron os traballos da segunda fase de exhumación da Foxa de Soutelo. Tras o éxito da primeira fase, na que se logrou identificar a dúas vítimas do franquismo, nesta segunda fase o...
O campus de verán do CB Caselas enche as súas prazas en só catro días
O Campus de Verán do CB Caselas volveu a rexistrar unha gran acollida na súa quinta edición, esgotando as 40 prazas dispoñibles en apenas catro días desde a apertura do prazo de preinscrición. A...
Éxito do I Campamento Urbano Musical de Semana Santa
O Concello de Salceda de Caselas vén de poñer o broche de ouro ao seu Campamento Urbano Musical de Semana Santa, unha iniciativa que destacou pola súa elevada participación e polo seu firme...
Salceda contará este ano con unha nova pista de pump track
O Concello de Salceda de Caselas xa conta coa financiación para construír a nova pista de pump track nos terreos contíguos ao Parque Mártires de Sobredo, logo de solicitar a achega a través do III...
A Praza de Abastos reabre con instalacións renovadas
A Praza de Abastos de Salceda de Caselas reabrirá este mércores, día de mercado, logo de máis dun mes sen servizo de venda de peixe fresco polas obras que se están a levar a cabo no edificio. O...
Entrega de premios do I Certame de fotografía Xank Penabella
O Concello de Salceda de Caselas vén de facer entrega dos premios ás persoas ganadoras do I certame de fotografía Xank Penabella, que xirou en torno á festa do Entroido no municipio. Os traballos...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















